Monday 29 de April de 2024

A parroquia de Caión pasa a ser considerada como zona tapón do cultivo da pataca


Lendo é desde hoxe unha zona libre tras decaer as medidas establecidas anteriormente para conter a praga da couza guatemalteca.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que a parroquia de Caión deixa de ser considerada infestada pola praga da couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora povolny) e pasa a ser zona tampón.
Isto supón que volve estar permitido o cultivo da pataca en Caión, pero coa obriga de comunicar á Xunta de Galicia a sementeira na totalidade das parcelas nas que se levou a cabo, trámite que se pode realizar no Concello.
Outra importante novidade é que a parroquia de Lendo, ata o de agora zona tampón, pasa a ter a consideración de zona libre para o cultivo da pataca, polo que decaen as medidas que estaban establecidas para a contención da praga.
Por tanto, o cultivo da pataca volve autorizarse en todo o termo municipal da Laracha co único condicionante indicado para a parroquia de Caión.